Áraba[1] (en éuscaro: Araba; en castelán: Álava, as dúas denominacións oficiais) é unha das tres provincias que conforman a comunidade autónoma do País Vasco (Euskadi en éuscaro), ademais de ser unha das sete provincias da rexión histórica do País Vasco. A súa capital é Vitoria, que é tamén capital da comunidade autónoma. A provincia ocupa unha área de 2.963 km², nos que vivían en 2007 un total de 305.459 habitantes, o que lle confería unha densidade populacional de 103,09 hab/km². Entre as poboacións máis importantes de Áraba, á parte da capital, cómpre destacar Amurrio, Laudio, Agurain e Aiara. Xeografía A provincia de Áraba é a única do País Vasco que carece de costa. Ao norte limita con Biscaia e Guipúscoa, ao oeste e suroeste coa provincia de Burgos e tamén co enclave de Orduña (administrativamente de Biscaia), ao sur coa Rioxa, e ao leste con Navarra. No seu interior limita tamén coa provincia de Burgos, xa que esta posúe nela un enclave, o Condado de Treviño. A serra Salvada no noroste de Áraba. Relevo O norte de Áraba é unha franxa montañosa con varias serras que se elevan por encima dos 1.000 m de altura, que marcan en boa medida os límites con Biscaia. Están poboadas de bosques, de tipo atlántico. Destacan as serras de Urkilla (con o Aizkorri, 1544 m), Artabán, Gorbeia (1.482 no pico homónimo). Estas serras prolónganse parcialmente cara occidente, nos límites coa provincia de Burgos: (serra Salvada, serra Garobe). O centro do territorio, chairo, constitúe unha prolongación da Meseta Central, cunha altitude media duns 600 m. No sur sitúase a Rioxa arabesa, na conca do río Ebro, que se abre paso entre os primeiros cordais do Sistema Ibérico (serra de Toloño, serra de Codés), nas lindes coas comunidades da Rioxa e Navarra. Vista da Llanada de Áraba, con Vitoria no centro. Hidrografía A maior parte do territorio arabés está incluído na conca do río Ebro, que polo sur serve, en parte, de límita con a provincia de Burgos, durante uns 100 km. Os ríos Omecillo, Bayas, Zadorra e Ayuda, son os seus principais afluentes, e únense a el pola dereita. O noroeste da provincia, está drenado polo río Nervión e afluentes, que pertencen á vertente cantábrica. Clima Boa parte da provincia recibe a influencia do clima oceánico (800 mm de precipitacións, 12 °C de temperatura media), o que permite que plantas como a faia penetren até o sur. No val do Ebro, porén séntese a infliencia mediterránea. División administrativa Artigo principal: Cuadrillas de Áraba. Áraba está dividida administrativamente en sete cuadrillas (vasco kuadrilak, pl. de kuadrila): Cuadrilla de Agurain Cuadrilla de Aiara Cuadrilla de Añana Cuadrilla de Campezo-Montaña Arabesa Cuadrilla de Laguardia-Rioxa Arabesa Cuadrilla de Vitoria (coincide co concello de Vitoria) Cuadrilla de Zuia |
About us|Jobs|Help|Disclaimer|Advertising services|Contact us|Sign in|Website map|Search|
GMT+8, 2015-9-11 20:14 , Processed in 0.155668 second(s), 16 queries .