搜索
热搜: music
门户 Culture Language view content

Lingua irlandesa media

2015-7-10 23:44| view publisher: amanda| views: 4357| wiki(57883.com) 0 : 0

description: Irlandés medio é o nome que lle deron os filólogos á forma da lingua irlandesa falada entre o século X ao XII; é, xa que logo, contemporaneo das fases finais do inglés antigo e iniciais do ingl ...
Irlandés medio é o nome que lle deron os filólogos á forma da lingua irlandesa falada entre o século X ao XII; é, xa que logo, contemporaneo das fases finais do inglés antigo e iniciais do inglés medio.[1][2] As linguas goidélicas modernas: irlandés, gaélico escocés, e manx son todas descendentes do irlandés medio.

Historia

O irlandés medio falouse en Irlanda e Escocia; desde o Munster ata a illa de Inchcolm no Mar do Norte. A súa extensión xeográfica fixo del o máis extendido de todas as linguas insulares a finais do século XII, cando o inglés medio comezou a facer incursións en Irlanda e moitas das rexións célticas do norte e do oeste de Britannia.

Poucas linguas europeas poden rivalizar no volume de literatura que nos legou o irlandés medio. Moita desta supervivencia é debida ao teimudos que foron uns poucos anticuarios irlandeses modernos, pero o simple volume de sagas, anais, haxiografías (etc) que sobreviviron mostra a confianza que tiñan os membros das instruídas ordes gaélicas medievais na súa lingua. Case todo o que sobreviviu vén de Irlanda, un pouco de Escocia e moi pouco da Illa de Man. O Lebor Bretnach, o "Nennio irlandés", só se conserva en manuscritos preservados en Irlanda; con todo, Thomas Owen Clancy hai pouco propuxo que foi escrito en Escocia, no mosteiro de Abernethy.[3]

About us|Jobs|Help|Disclaimer|Advertising services|Contact us|Sign in|Website map|Search|

GMT+8, 2015-9-11 20:13 , Processed in 0.157341 second(s), 16 queries .

57883.com service for you! X3.1

返回顶部